Tomás FábregasTomás Fábregas

Tomás Fábregas

 

A plasmación da figura de Tomás Fábregas é sinxela, só depende do lugar;

 

1) Alcaldía da Cidade de San Francisco:

“A Cidade e o Condado de San Francisco están orgullosos de unirse a Tomás Fábregas na súa valiente loita contra a odiosa e discriminatoria norma de visitantes e residentes estranxeiros con SIDA.... eu, Frank M. Jordan, alcalde da cidade de San Francisco, en recoñecemento aos seus históricos e valientes esforzos, proclamo o 25 de xullo do ano 1992 como o dia de Tomás Fábregas en San Francisco.” Faise esta declaración cando Tomás aínda estaba vivo, sen ser necesario esperar a súa morte para honrarlle.

 

2) UNESCO:

“Tomás Fábregas, un cruzado do SIDA que loitou para modificar a lei dos Estados Unidos que proibe a entrada de estranxeiros con SIDA no país”.

 

3) A Coruña:

Dende A Coruña, nin a Alcaldía da Cidade de San Francisco nin a UNESCO parecen ter suficiente categoría como para que o recoñecemento que fan ó coruñés Tomás Fábregas deba ter repercusión na nosa cidade.

A dia de hoxe seguimos sen ter noticias de numerosas peticións (vía rexistro) que fixemos ó Concello de A Coruña para que se recoñeza a súa figura. O Concello de A Coruña ten unha oportunidade única e irrepetible dentro da aplicación no rueiro da cidade da "Lei da Memoria Histórica 52/2007 de 26 de decembro" do Estado Español para recuperar e dar a coñecer á cidadanía as personaxes históricas Lesbianas, Gays, Bisexuais e Transexuais da cidade.

Este compromiso foi avanzado polo grupo LGBT socialista "Siete Colores". Esperamos que cumplan coa súa palabra.

Por outro lado, a familia se opuso rotundamente a exposición que levou adiante o noso Colectivo en novembro de 2003. Por no incomodalos a tivemos parada dous anos, ata que reparamos que non merecían tal consideración e continuamos co proxecto.

Máis tarde, a finais do ano 2006, a Televisión Española considerou tan importante a historia de Tomás como para reflectila a nível nacional nun dos seus informativos. Ninguén viu a reportaxe (que non se fixo) porque a familia se negou a participar nun acto que honrara a memoria de Tomás.

 

Participa connosco na recuperación da figura de Tomás Fábregas!!

 

  • Podes enviarnos un e-mail para máis info e/ou ideas, suxerencias, etc.

........ ....... accions@milhomes.es

  • Grupo no facebook para recuperar a figura de Tomás Fábregas .

........ ....... facebook

  • Queres coñecer as nosas accións sobre Tomás Fábregas? Visita o noso blog...

........ ....... http://tomasfabregas.wordpress.com