Milhomes
Sobre Milhomes:
Milhomes é un colectivo de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais independiente da cidade da Coruña. Naceu no ano 1993 como resposta activista ás agresións físicas que recibian os gays coruñeses no centro da cidade por grupos homofóbicos de ultradereita. Nestes 16 anos o Colectivo pasou por algún que outro momento difícil. O derradeiro foi o que provocou a súa disolución en 2005 e que motivou a súa refundación en 2007.
Nos anos de actividade, baixo distintas denominacións, pertenceu á COFLHEE (Coordinadora de Frentes de Liberación Homosexual do Estado Español), FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais) e "Aturuxo" (Federación de Asociacións LGBT de Galiza).
A labor del colectivo tivo que soportar un dos marcos políticos máis lamentables da España democrática: a ultradereita do PP de Aznar (goberno central), postfranquismo de Manuel Fraga (Xunta de Galicia), e o integrismo católico do socialista Paco Vázquez (Concello de A Coruña). Con todo temos alcanzado momentos dun grande eco social e a nosa labor coñeceuse a nível estatal en máis dunha ocasión.

A atención a personas que non sabían nin por onde comezar para poder relacionarse con outros homosexuais ou lesbianas foi a tarefa na que conseguimos mellores resultados, contribuindo de maneira decisiva á mellora das condicións de vida de moitas personas LGBT.
Públicamente traer á Coruña a exposición "Trans Sexual Exprés" co apoio e a censura do grupo municipal do PSdeG-PSOE supuso o acto público de maior alcance, chegando ás 15.000 visitas de cidadáns en abril de 2002.
Foi unha loita de 7 anos a que nos costou derrotar a homofobia do ex-alcalde Paco Vázquez ata conseguir que se implantara un Rexistro Municipal de Parellas de Feito que incorporase ás parellas homosexuais (o Rexistro serviu fundamentalmente ós heterosexuais que non moveron un dedo para conseguilo).
A recuperación da "memoria histórica" a través do rescate de nomes coruñeses que foran precedentes na loita polos nosos direitos (Tomás Fábregas, Onorato Benedito Truque, Marcela y Elisa) foi outro dos puntais que fortaleceran o noso traballo. Esta última labor mantivo a continuidade (aínda que desapareceu o colectivo case dous anos) do "Premio Homosexual Marcela y Elisa" que, con ou sen asociación, celebrouse anualmente dende o ano 2002.
Actividades
A reciente refundación do colectivo supoñe que, a dia de hoxe, no están estabelecidas comisións nin grupos de traballo concreto. Os integrantes do colectivo xestionamos de forma polivalente e flexible accións en función a dar cumplimento ós fins que están recollidos nos Estatutos.
>> Distribución de 2500 postais de prevención do VIH (marzo-abril 2007) financiadas por: Ministerio de Sanidad - ZERO - FELGTB - Cogailes- FT - Colegas.
>> Distribución de 1200 postais da campaña: "Nin un céntimo para quen te discrimina", promovida pola FELGTB.
>> Encontro co Presidente da Xunta de Galicia, co gallo de convidar éste ás asociacións que representan os intereses das mulleres galegas (Milhomes estivo en representación das mulleres transexuais, lesbianas e bisexuais).
>> Ciclo "A homosexualidade no cinema" en colaboración coa Universidade da Coruña e a Deputación da Coruña.
Coñece as actividades que estamos a desenvolver hoxe na sección de accións e campañas