ciencia

Ciencia e homosexualidade

 

Se a un rapaz se lle mostrara a foto que hai debaixo destas liñas non duvidaria nin por un momento en considerar que está ante una romántica historia de amor entre un pingüino e unha pingüina: mentira.

pingüinos

Tal é a presión da imaxinería social heterosexual que ás mentes dos xoves para que non teñan a posibilidade da dúvida e da diversidade. Estos pingüinos poden ser el e el. Poden ser unha parella, como tantas, de pingüinos homosexuais. A propia ciencia cae, a veces, na súa propia inercia e trata de aplicar un saber prexuizoso a cousas que responden a outra realidade. Esto lle aconteceu ós biólogos do zoo alemán de Bremerhaven (ver xornal “El Mundo” do 10 de febreiro de 2006) que creían que os seus pingüinos macho formaban parellas homosexuais. lles trouxeron pingüinas fémeas “suecas” e nin por esas: estes pingüinos macho siguiron formando as súas propias parellas e pasaron das fémeas suecas.

Se demostramos que o máis natural é que exista a homosexualidade en especies con comportamentos sociais complexos: os razonamentos de sectores retrógrados e heterosexistas como a Igrexa Católica se desploman

pinguinos

 

Tampouco é irrelevante mirar para o mundo animal cando vemos as semellanzas entre uns e outros, cando vemos que ata ó Congreso de los Diputados chegou unha proposición non de lei que pretende adxudicar ós grandes simios algún rango de dereitos otorgados entre os humanos. Esta proposición está baseada nunha documentación científica moi elaborada e contrastada (ver “El Ideal Gallego” do 25 de abril de 2006). A Igrexa, que se cala estoupa, tamén co gallo desta noticia maldeciu. O importante do caso é que as especies de simios consideradas neste estudio (chimpancés, bonobos...) teñen relacións homosexuais, libres, consentidas e con un sentido social da relación entre os individuos de grupo. Vai resultar que, se os papistas non nos queren admitir ós homosexuais como seres humanos perfectamente sanos, terán que aceptar que somos perfectamente “naturais” pola nosa asimilación humana ó mono. Terán entrar polo aro da verdade máis universal: a ciencia.

Por outra parte, non se deixa de investigar sobre o noso propio corpo e os científicos están dentro dunha carreira frenética por encontrar o xen que nos diferencia aos maricas e ós heteros. Uns por enriquecer o coñecimento e outros co ánimo de encontrar unha maneira de extirpar o que non lles gusta que a naturaleza cree. Polo camiño, os científicos que son capaces de levantar a vista e ver máis aló dunha mitocondria xa teñen claro que se poden encontrar factores físicos que incidan no comportamento homosexual pero constatan que tamén os factores socio-culturais teñen moito que decir ó respecto e conclúen que o crecemento intelectual e social do humano, como especie, non sería o que é se precisamente non se dera a posibilidade do comportamento homosexual.

E por moito que digan as cúpulas das igrexas integristas a experiencia, a ciencia e o estudo facilitaran, o conxunto dos humanos, duns saberes incuestionabeis, que hoxe teñen forma de declaracións fundamentais proclamadas por institucións de rango mundial. Estas deberían ser de tan obrigado conñecemento para a cidadanía como as leis que rixen a nosa convivencia diaria.